Ameixeiras, Diego (1976-)

Os suicidantes / Diego Ameixeiras; Tomás Guerrero - 1ª ed.: novembro 2023 - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2023 - 99 p. : principalmente il. b/n ; 28 cm - Novela gráfica (Xerais) .

Os Suicidantes matan para evitar a vinganza de Normion

Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, a pesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitando inflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta a esa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, a propagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non está orgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seus clientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unha banda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súa brutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento da traxedia.

1º-2º BAC 3º-4º ESO

9788411104395


Banda deseñada--Cómic galego
Vida no futuro--Distopías
Ditadura económica--Marxinación social
Preparación ante a morte

741.52(460.11) 821.134.4-31:741.52

Coa tecnoloxía Koha