En salvaxe compaña / Manuel Rivas
por Rivas, Manuel [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Narrativa.Editor: Vigo :Xerais ,1993 Edición: 2ª ed.Descrición: 177 p. ;21cm.ISBN: 8475077692.Materia(s): Realismo | HumorResumo: Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras. A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido... Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Sala préstamo | 869.9-3 RIV sal | 1 | Dispoñible | PED035000004406 |
|
|
Prestable | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Sala préstamo | 869.9-3 RIV sal | 1 | Dispoñible | PED035000004408 |
|
|
Prestable | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Sala préstamo | 869.9-3 RIV | 1 | Dispoñible | PED035000004423 |
|
|
Prestable | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Sala préstamo | 869.9-3 RIV sal | 1 | Dispoñible | PED035000004424 |
|
|
Prestable | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Sala préstamo | 869.9-3 RIV sal | 1 | Dispoñible | PED035000004459 |
|
Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras. A señora do pazo, Misia, relata como os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do último rei de Galicia. Un sacerdote, Don Xil, explícalle a unha moza campesiña, Rosa, que as pinturas das fermosísimas mulleres que se descobren nas paredes da igrexa son retratos de pecadoras. Un rato, Matacáns, cazador furtivo na súa primeira vida, é atrapado por un gato que non é outro que o gaiteiro e anarquista Arturo de Lousame. Un morcego, Gaspar, relátalle o seu suicidio a un lagarto que vai en peregrinación a San Andrés de Teixido... Todo fala. Persoas, animais e paxaros recrean a identidade universal do sentimento. Viaxan do pasado ao presente e contra a adversidade. E as súas voces, feitas de humor e tenrura, tecen esta gran novela de Manuel Rivas, agora reeditada e revisada de forma definitiva polo autor.
1º-2º BAC