Libre : el desafío de crecer en el fin de la historia / Lea Ypi ; traducción de Cecilia Ceriani
por Ypi, Lea [autor/a]; Ceriani, Cecilia [tradutor/a].
Tipo: LibroSeries: (Panorama de narrativas ; 1099).Editor: Barcelona : Anagrama , 2023 Edición: 3ª Ed.Descrición: 321 p. ; 22 cm.ISBN: 9788433904966.Materia(s): Ypi, Lea | Ypi, Lea | Comunismo -- 20º siglo | Comunismo -- 20º século | Albania - -- Política y gobierno | Autobiografías | Autobiografías | bioResumo: Cando era unha nena, con apenas once anos, Lea Ypi foi testemuña da fin do mundo. Polo menos da fin dun mundo. En 1990, o réxime comunista de Albania, o derradeiro bastión do estalinismo en Europa, desplomouse. Ela, adoutrinada na escola, non entendía por que se derrubaban as estatuas de Stalin e Hoxha, pero cos monumentos caeron tamén os segredos e os silencios: desveláronse os mecanismos de control da poboación, os asasinatos da policía secreta... O cambio do sistema político deu paso á democracia, pero non todo foi de cor de rosa. A transición cara o liberalismo supuxo a reestruturación da economía, a perda masiva de empregos, a ondada migratoria cara Italia, a corrupción e a quebra do país. No entorno familiar, ese período trouxo sorpresas inauditas para Lea: descubriu que eran as "universidades" nas que supostamente "estudaran" os seus pais e por que estes falaban en clave ou con murmurios; soubo que un antepasado formara parte dun goberno anterior ao comunismo e que á familia lle expropiaran os seus bens. Mestura de memorias, ensaio histórico e reflexión sociopolítica, co engadido dunha prosa de soberbia factura literaria e pinceladas dun humor tendente ao absurdo -como non pode ser doutro xeito, dado o lugar e o tempo que se retrata- "Libre" é dunha lucidez impresionante: reflicte, dende a experiencia persoal, un momento convulso de transformación política que non necesariamente desembocou en xustiza e liberdade.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez Sala préstamo | 860.3 YPI lib | Dispoñible | PED035000015161 |
|
Cando era unha nena, con apenas once anos, Lea Ypi foi testemuña da fin do mundo. Polo menos da fin dun mundo. En 1990, o réxime comunista de Albania, o derradeiro bastión do estalinismo en Europa, desplomouse. Ela, adoutrinada na escola, non entendía por que se derrubaban as estatuas de Stalin e Hoxha, pero cos monumentos caeron tamén os segredos e os silencios: desveláronse os mecanismos de control da poboación, os asasinatos da policía secreta...
O cambio do sistema político deu paso á democracia, pero non todo foi de cor de rosa. A transición cara o liberalismo supuxo a reestruturación da economía, a perda masiva de empregos, a ondada migratoria cara Italia, a corrupción e a quebra do país.
No entorno familiar, ese período trouxo sorpresas inauditas para Lea: descubriu que eran as "universidades" nas que supostamente "estudaran" os seus pais e por que estes falaban en clave ou con murmurios; soubo que un antepasado formara parte dun goberno anterior ao comunismo e que á familia lle expropiaran os seus bens.
Mestura de memorias, ensaio histórico e reflexión sociopolítica, co engadido dunha prosa de soberbia factura literaria e pinceladas dun humor tendente ao absurdo -como non pode ser doutro xeito, dado o lugar e o tempo que se retrata- "Libre" é dunha lucidez impresionante: reflicte, dende a experiencia persoal, un momento convulso de transformación política que non necesariamente desembocou en xustiza e liberdade.